Aviso legal
Propiedade intelectual
Milhomes.es, é un dominio en internet de titularidade do Colectivo Milhomes de Lesbianas, Gays, Bisexuais e Transexuais de A Coruña (colectivo que figura no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia).
Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio www.milhomes.es e dos seus contidos (textos, imaxes, son, audio, video, deseños, creatividades, software) pertencen ó Colectivo Milhomes ou, no seu caso, a terceiras personas das que se obtivo autorización ou contidos libres de copyright. Se permite ó usuario a visualización de tódolos elementos, a súa impresión, copia ou armacenamento no disco duro do ordenador ou noutro soporte, así como a súa difusión.
Será precisa a mención explícita do Colectivo Milhomes como fonte da información difundida ou armazenada. Queda terminantemente proibida la modificación, alteración e descompilación da páxina web ou dos elementos nela integrados.
Esta página web recolle enlaces de temática LGBT (Lesbiana, Gay, Bisexual e Transexual) que poidan resultar de interese pero non se responsabiliza dos contidos de enlaces de terceiros. Esta páxina web non enlaza a outras páxinas que inclúan descargas ilegais.
Protección de datos personais
O Colectivo Milhomes está comprometido co respecto á intimidade e privacidade do usuario, en cumprimento da normativa vixente (Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999, decretos e normas que a desenvolven).
Os datos facilitados a través de teléfono, sms, e-mail, correo postal, redes sociais (facebook, twitter, canal de Youtube), blogues e outros medios alternativos só serán utilizados co fin de responder á información, consultas ou suxerencias e de xestionar a páxina web. Nunca serán utilizados para outros fins nin serán cedidos a terceiros.
As respostas dadas a través da sección consultas e contacto teñen carácter informativo independentemente da vía de contacto (e-mail, blogues, Youtube, redes sociais, sms/teléfono, correo postal, etc). En ningún caso, poden derivarse da contestación efectos xurídicos vinculantes. As respostas facilitadas tampouco equivalen ás dun profesional médico, psicólogo, etc. Para a resolución de consultas que precisen dunha atención especializada se fai a derivación ó profesional correspondiente.
Esta páxina web non recolle nin almacena datos personais dos seus visitantes. Non se empregan cookies para obter información dos usuarios nin se rexistran direccións IP. Esta política de privacidade é de aplicación á páxina web do Colectivo Milhomes, e non se garantiza nos accesos a través de enlaces con este sitio, nin ós enlaces desde este sitio con outras webs.
Para consultas relacionadas coa protección de datos, privacidade, confidencialidade e propiedade intelectual desta web podes escribirnos a:
